Un ano máis invítasenos ós cristiáns a entrar no camiño da coresma e preguntarnos: ¿Para que nos serve gañar o que nos ofrece este mundo se perdemos a cambio a nosa liberdade? Liberdade para amar, para vivir plenamente, para ser en fin nós mesmos.
Este tempo coresmal dicimos que é un tempo de gracia, de regalo que Deus nos fai, e así o é, porque é El mesmo quen no seu Fillo Xesucristo dilata o tempo do seu Reino nas nosas vidas para que, sobradamente, teñamos ocasión de conversión, de mudar o revestimento do noso corazón; á nosa conciencia e ao noso sentir váiselles apegando os lixos deste mundo: intolerancia ante as opinións dos demais, indolencia frente o sufrimento alleo, consumismo que apaga a nosa capacidade de crítica social, individualismo que levado ó extremo incapacítanos para amar e perdoar... é preciso un cambio, unha restauración do noso interior, un sacar brillo á nosa fe, á nosa esperanza en Cristo Xesús. E, ¿como facelo?
Xa desde o mesmo Evanxeo o Señor nos indica o camiño: esmola, xexún e oración. Isto é: practicar a caridade cos demais e desprenderse dun mesmo para encontrarse en espírito e verdade con Deus que nos ama e nos perdoa. Non se trata de facernos bos propósitos e de renuncias durante corenta días, senon de madurar na fe en actitudes e pensamentos que temos ante a vida e que, lonxe de ser para o mundo anuncio da Boa Nova de Xesús, son un contrasentido e un reflexo da nosa fe apagada e falta de autenticidade.
En resumo, trátase de deixarnos abonar pola gracia de Deus para medrar desde a fe en perdón e misericordia, facendo das nosas vidas un auténtico reflexo do Amor encarnado que nos chama a compartir a felicidade plena na resurrección.
PROGRAMA CORESMAL
(Catecismo da Igrexa Católica)
Os Martes días 6, 13, 20, 27 de marzo
ás 19:30 na capela do Carme de As PontesOración polas vocacións con Exposición do Santísimo e Vésperas
Todos os xoves ás 18:00 na capela do Carme de As Pontes
Os venres ás 18:30 na capela do Carme de As Pontes
Os venres ás 17:30 na capela de san Roque de As Somozas
Os martes ás 17:00 na capela de santo Estebo de Roupar
Sábado 17 de marzo ás 10:30 na igrexa parroquial de As Pontes
O venres 30 de marzo ás 19:30 na igrexa parroquial
de Santa María de As PontesCompromiso con Cáritas
Ante a situación de crise que vivimos non podemos esquecer a esmola e a caridade que están agardando aqueles que precisan de nós. Por iso, nos nosos templos estarán á vista unhas caixas de Cáritas para que aportemos do noso diñeiro, froito do xexún que fixemos neste tempo de conversión.
PLAN DE CORESMA PARA MOZOS E NENOS
nos locais parroquiais de Santa María de As Pontes
CELEBRACIÓN DO PERDÓN
O venres 23 de marzo ás 18:00 na igrexa parroquial de As Somozas
COMPROMISO SOLIDARIO CON CÁRITAS
Caemos na conta do mal que está causando esta crise económica en moitas familias.Hai moitos nenos e nenas que ven como nas súas casas hai preocupación e tristura porque non hai traballo para os seus pais e non poden chegar ben a fin de mes.
Nós podemos colaborar con Cáritas compartindo algo do noso. ¿Cómo?
- Facendo unha Hucha solidaria co teu grupo
- Aportando na Hucha de Cáritas da igrexa
- Apreciar o que temos e nos dan os nosos pais
- …